Día 4 de Febreiro de 2013
O día 4 de Febreiro demos unha clase, na cal buscamos datos sobre Monforte de Lemos, como por exemplo, o número de hoteis e restaurantes que hai na Terra de Lemos.
Primeiro, visitamos a web do IGE e descargamos os datos correspondentes á comarca de Lemos; a continuación descargamos os datos dos establecementos hoteleiros; despois descargamos un exemplo de cuestionario na web do IGE, para observar como se fai e coller pistas para posteriormente facer o noso propio. Ao rematar xuntamos todo nunha carpeta comprimida e subímola ao blog.
Logo de rematar coa primeira parte, dividimos a enquisa por estratos: ao noso grupo tocáronlle as persoas entre 12 e 25 anos.
E xa para rematar a clase, observamos un estudo sobre o mercado turístico da comarca de Lemos, para tomar ideas dos temas que podía tratar o noso cuestionario.