7 feb 2013

INTRODUCIÓN AO PROXECTO

O proxecto "Sondaxe sobre o turismo na comarca de Lemos", englóbase dentro doutro proxecto de centro co que se pretende elaborar unha campaña publicitaria sobre Monforte de Lemos e a súa comarca.
A idea principal é concienciar ao alumnado sobre as posibilidades turísticas da nosa comarca (mais información aquí).
Trátase dun proxecto no que participan varios grupos e materias polo que se distribúen as tarefas de forma cooperativa.
No caso de 4º de ESO se realizará un estudo de opinión/mercado para coñecer cal é a situación inicial do turismo na zona. Este estudo consistirá na realización dunha enquisa sobre temas turísticos da que logo sairán os puntos a destacar no anuncio publicitario.
As preguntas iniciais ¿que temos en Monforte? ¿que non temos en Monforte? ¿coñecen os habitantes da zona o que temos e o que non? ¿e o público en xeral? serán a base para que os nosos compañeiros doutros cursos inicien a promoción publicitaria.
A profesora coordinadora, Mª Jesús Casado Barrio